O Thursday 02 October 2008 01:00:37 mvillarino escribiu:
> Oiche, e non poderías propoñerte para relator dunha charla na Akademy
> 2008? ;-)
Maquinei nisto algo, e sí. Podería estar ben facer algunha proposta dende
trasno. Que ollo, colle un finde así que poden pensar en vir ti tamén a La
Coru(*). Podería ser interesante contar o estado da situación en GZ na
tradución: falar da relación Xunta-Mancomun//Trasno//SWL; que distros se fan,
como vamos nos escritorios e xq; como funciona a xente e que pensamos
interesante que se fixeran e tirar conclusión que outros poidan aproveitar.
Mesmo se podería falar de como NON xestionar a internacionalización dun
proxecto; isto é ~ Mozilla ~.
Se vos parece ben desenvolvo a idea un pouco máis, esbózoa, ensínovola e se
vos parece preséntoa como proposta para unha charla.
---
{{* La Coru... que segundo as 'Vellas de Ardebullo', un duo cómico destes que
aparecen no Luar e que son de Carral, miña terriña querida; a Coruña é a única
cidade que hai; o resto son aldeas que medraron, LOL!