O Thursday 06 November 2008 00:34:37 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > Páxina 41: "Nomes de programas e aplicacións"
> >
> >  >> Dicir "o OpenOffice", así co artigo "o", implica que este o que sexa
> >  >> ten xénero gramatical masculino, e apoiaría a utilización de
> >  >> "programa" no canto de "aplicación" para referirse a esas cousas que
> >  >> fan os desenvolventes e que nós traducimos.
> >
> > Tamén se pode pensar que se refire a "o software OpenOffice" > o
> > OpenOffice ... como quen di "a distribución Ubuntu" >  a Ubuntu, a
> > Mandriva, a OpenSuse...
> >
> > E non ten por que ser "a aplicación"  que pode ser "o aplicativo"
> >
> > Desa maneira, ocórreseme que (a distribución/o software ou aplicativo)
> > coincide coa distinción colectivo/individual ou pequeno/grande que ten o
> > feminino nalgunhas palabras galegas : o agro/a agra, o gran/a grá, o
> > rio/a ría
> >
> >
> > Por outro lado, a mesma presenza do artigo é tamén unha clara
> > consecuencia dos usos orais por un lado e da regra flexible de uso do
> > artigo cos nomes propios que non son de persoa, e son cousificados e
> > convertidos en obxectos comúns (aínda que hai casos para todos os
> > gustos, por exemplo con siglas)
> >
> >     ... en KDE, ...con GNOME ... // na ONU
> > mais        "fíxeno no Word", "fai virguerías co Excell"
> >     Na (impresora) HP podes imprimir todo o que queiras.
> >
> >
> > É unha cuestión mais ben de norma de uso e non tanto de regras fixas. Eu
> > opino que convén naturalizar, popularizar, trivializar se queredes, o
> > uso de nomes como o (navegador) Firefox, o (procesador) Writer, o
> > (xestor de correo) Thunderbird, o (reprodutor) Amarok, o (localizador)
> > Kbabel, etc
> >
> > ... e dando un pequeno salto, permite naturalizar moito mellor outra
> > terminoloxía que temos que introducir na nosa linguaxe de tradutores:
> > "Estamos co trunk 11.1", "débese prestar atención á branche..." "teño
> > que xerar o docbook en galego", etc.
> >
> > Antón Méixome
>
> Concordo.

Idem, concordo. 

PD: aplicativo? que orixe ten?

Responderlle a