Páxina 41: "Nomes de programas e aplicacións"
>> Dicir "o OpenOffice", así co artigo "o", implica que este o que sexa
>> ten xénero gramatical masculino, e apoiaría a utilización de
>> "programa" no canto de "aplicación" para referirse a esas cousas que
>> fan os desenvolventes e que nós traducimos.
Tamén se pode pensar que se refire a "o software OpenOffice" > o
OpenOffice ... como quen di "a distribución Ubuntu" > a Ubuntu, a
Mandriva, a OpenSuse...
E non ten por que ser "a aplicación" que pode ser "o aplicativo"
Desa maneira, ocórreseme que (a distribución/o software ou aplicativo)
coincide coa distinción colectivo/individual ou pequeno/grande que ten o
feminino nalgunhas palabras galegas : o agro/a agra, o gran/a grá, o
rio/a ría
Por outro lado, a mesma presenza do artigo é tamén unha clara
consecuencia dos usos orais por un lado e da regra flexible de uso do
artigo cos nomes propios que non son de persoa, e son cousificados e
convertidos en obxectos comúns (aínda que hai casos para todos os
gustos, por exemplo con siglas)
... en KDE, ...con GNOME ... // na ONU
mais "fíxeno no Word", "fai virguerías co Excell"
Na (impresora) HP podes imprimir todo o que queiras.
É unha cuestión mais ben de norma de uso e non tanto de regras fixas. Eu
opino que convén naturalizar, popularizar, trivializar se queredes, o
uso de nomes como o (navegador) Firefox, o (procesador) Writer, o
(xestor de correo) Thunderbird, o (reprodutor) Amarok, o (localizador)
Kbabel, etc
... e dando un pequeno salto, permite naturalizar moito mellor outra
terminoloxía que temos que introducir na nosa linguaxe de tradutores:
"Estamos co trunk 11.1", "débese prestar atención á branche..." "teño
que xerar o docbook en galego", etc.
Antón Méixome