Moitas grazas pola explicación tan detallada! Por este tipo de cousas é ben ter lingüístas metidos na allada. Logo, haberá que engadir aplicativo ó glosario de trasno como adicional, entendo.
> > PD: aplicativo? que orixe ten? > > Aplicativo é un adxectivo derivado de "aplicación" no sentido de > <<Acción e efecto de aplicar>> como norma-> (de norma) normativo, ou > facultade-(de facultade) facultativo, repetición -> (de repetición) > repetitivo, distinción -> (de distinción) distintivo > > É certo que non son frecuentes os adxectivos en -ivo/-iva, pero os > falantes usan este recurso, asociado sempre a termos cultos, latinismos > ou técnicos, cando se poden producir ambigüidades cos derivados máis > frecuentes: norma-normal, facultade-facultado, repetición-repetido, > distinción-distinto-distinguido... > > Por iso o uso de sufixos (como -ivo/a, ativo/a, -itivo/a) non é nada > sistemático na lingua e depende en realidade dos casos. Non teño > ningunha gramática á man para darche mellor explicación. > > Neste caso eu penso que provén da redución da frase > "Application software" = software aplicado (de aplicación para/para > aplicarse a)... > > e ten que ver coa seguinte distinción de tipos de software na ciencia > computacional: > > operating system/aplication e integrated software/utility/language > programming > > Por iso, porque "aplication software" fala dunha tipoloxía e non dun > programa concreto e aínda que choque co uso castelán, parece máis > regular a tradución "aplicativo" que "aplicación". > > Antón Méixome

