Miguel Branco escribió:


PD: aplicativo? que orixe ten?




Aplicativo é un adxectivo derivado de "aplicación" no sentido de <<Acción e efecto de aplicar>> como norma-> (de norma) normativo, ou facultade-(de facultade) facultativo, repetición -> (de repetición) repetitivo, distinción -> (de distinción) distintivo

É certo que non son frecuentes os adxectivos en -ivo/-iva, pero os falantes usan este recurso, asociado sempre a termos cultos, latinismos ou técnicos, cando se poden producir ambigüidades cos derivados máis frecuentes: norma-normal, facultade-facultado, repetición-repetido, distinción-distinto-distinguido...

Por iso o uso de sufixos (como -ivo/a, ativo/a, -itivo/a) non é nada sistemático na lingua e depende en realidade dos casos. Non teño ningunha gramática á man para darche mellor explicación.

Neste caso eu penso que provén da redución da frase
"Application software" = software aplicado (de aplicación para/para aplicarse a)...
                        
e ten que ver coa seguinte distinción de tipos de software na ciencia computacional:

operating system/aplication e integrated software/utility/language programming

Por iso, porque "aplication software" fala dunha tipoloxía e non dun programa concreto e aínda que choque co uso castelán, parece máis regular a tradución "aplicativo" que "aplicación".

Antón Méixome

Responderlle a