Impresionante. Eu gostaría de ter o fonte desa presentación, prometo
utilizala e por suposto farei mención da autoría. Iso sí,agradecereiche que
me digas de onde descargala, que 8 megas no correo da xunta pode ser
demasiado pal body...
So dous detalles:
- Na páxina 21 falas de "peninsular" languages, pero
a) cortas a portugal, que forma parte da península
b) engades as canarias e baleares, que non forman parte de península
:)
O inclúes a portugal e quitas as illas (entón estarás falando de
península) ou ben mellor cambias "peninsular" por "spanish". Eu optaría
lóxicamente pola primeira, que é máis abranguente. A fin de contas
meter as illas e non meter a latinoamérica, as filipinas, as
poboacións hispanofalantes dos united...
- Na páxina 24 citas o galego-portugués, pero cortas polo Miño :)
- Na páxina 29 creo que deberías quitar o segundo mapa; eses límites sempre
foron cuestionados, e en todo caso corresponderían ao Galliciense Regnum, en
ningún caso ao asturiacense, leonés ou toledano como a deformación
histórica ten afirmado.
Polo demais, só iso: impresionado quedei.
Miguel Branco escrebeu:
>
> Olá, 'í vai:
>
> http://www.scribd.com/doc/8481100/Achave
>
> se tedes problemas pásovola diretamente, son 8 MB))
>
> Pódevos interesar a parte de historia do galego e do conflito linguistico (da
> que evidentemente non falei na akademy pero que espero reutiizar noutra
> ocasión, coma o resto da presentación).
>
> Agradezo fé de erratas (e correcións gramaticas)
>
> Ciao!!
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org>