Por min espero á versión 0.6
grazas!
Suso Baleato escribiu:
Por suposto; nestes días está Antón incorporando as suxestións que foron
chegando, e cando publiquemos a versión próxima xa o faremos xuntando PDF e
ODT (ou o que corresponda).
Da versión 0.5 temos un odt anterior e incompleto, xa que tivemos que facer
modificacións directamente sobre o arte final xusto antes do evento; por
suposto se alguén lle interesa o odt vello envío sen problema, pero como digo
está incompleto, sería unha 0.4 por resumir.
En canto ao calendario de liberacións, ahí xa non me meto; creo que a idea é
liberar unha 0.6 polo Nadal, pero aínda está sen fixar, de modo que tampouco
quero meter a pata dicindo unha data ou versións determinadas e que despois
non poida ser.
Quedo pendente do que me digades,
Saúdos,
damufo escrebeu:
poderías poñela nun sitio que non faga falta rexistrarse para descargar?
Miguel Branco escribiu:
Olá, 'í vai:
http://www.scribd.com/doc/8481100/Achave
se tedes problemas pásovola diretamente, son 8 MB))
Pódevos interesar a parte de historia do galego e do conflito
linguistico (da que evidentemente non falei na akademy pero que espero
reutiizar noutra ocasión, coma o resto da presentación).
Agradezo fé de erratas (e correcións gramaticas)
Ciao!!
--
To unsubscribe, send mail to [email protected].