Leandro Regueiro escribiu:
De seguro que o trataredes antes, e logo de procurar no CLUVI e en
diversos dicionarios non atopei nada. Polo que pregunto por aquí:

Widget => miniaplicación?
No caso de GNOME isto úsase principalmente en programas de desenvolvemento
se non queres volver tolos aos desenvolvedores deixao como Widget, eu é como
o deixei sempre.

Agora co dos widgets estes do escritorio (ou gadgets) hai outro
dominio. Nese dominio poderia traducirse igual ca "applet" (consultar
glosario de Trasno as traducións). Para o outro dominio, o de sempre,
o de que un botón é un widget etc. mantemos widget. Asi e todo esta
tradución non me convence moito, asi que se alguén ten propostas
podemos discutir.

Ata logo,
                   Leandro regueiro


A min widget non me convence, non se adapta nada a nosa lingua.
Penso que o teño visto traducido como trebello (non sei se era widget ou aplet).

Responderlle a