Olá, pois xa que Marce falou disto, si, hai que establecer criterios comúns
_para tódolos proxectos_ e non, non é sinxelo a revisión.
Propoño ampliar as guías de estilo cun apartado referente ó control da
calidade.
Do que vin en KDE
1. Hai traducións feitas:
- por diferentes persoas
- en diferentes anos (pre e post 2003)
- diferentes normas
- diferente aplicación de cada norma (variacións dentro dos mínomos,
variacións dentro da RAG...)
- diferentes estilos (uso/non uso de 'por favor, ...', 'vostede'...)
2. Se nos fixamos na RAG actual
- o 70% dos erros (diria eu) son erros ortográficos
- o 10% de vocabulario, abundan máis os castelanismos cós lusismos
3. Son infrecuentes as traducións, de pleno, mal feitas (a tradución ó galego
non concorda en sentido coa cadea inglesa), inda que si que parece que abundan
as inexactitudes ( serían os erros restantes), penso que especialmente as
relativas á tradución dos tempos verbais (caso ilustre serían os subxuntivos
ingleses). Isto é moi tedioso/difícil de corrixir (moitas veces carécese de
contexto como para poder decidir)
4. As incoherencias na escolla terminolóxica son brutais
5. É fácil meter o zoco e introducir erros durante a corrección
nada novo, supoño.
Eu proporía continuar co traballo das guías de tradución e establecer, común
para tódolos proxectos (KDE, GNOME, Distros...) algo así:
{exemplo}
Principio 0. A tradución debe de ser correcta
Principio 1. Inda que non necesariamente exacta, a intención da cadea ten que
ser análoga
Principio 2. O estilo:
2.1 A tradución debe de adecuarse á intención do programa (rexistro mais
formal, ie. nunha suite PIM, ou menos formal, ie. un xogo)
2.2 Non se trata de vostede ó usuario, nin un programa pide 'por favor'...
etc.
Principio 3. A norma a seguir é a RAG e o VOLGa
Principio 4. Os elementos visuais e menús básicos son: File, Edit, View, Go,
Tools, Settings, Help... Window, Folder, Slider, Zoom... con traducións ....
[falo de fixar un estándar a seguir extrictamente todos a este respecto]
...
{/exemplo}
e cando revisemos aternos a isto.
Igualmete, habería que fixar un proceder para facer as revisións.
Abur!