Boas:
Marce Villarino escribiu:
Boas,
xa sei que se ten falado xa disto na lista, pero vós tamén sabedes que a miña
xestión do correo electrónico é mediocre, no mellor dos casos.
Poderíadesme (foder co hunspell, márcama como incorrecta)
non será poderiádesme?
reenviar o fío onde
se falaba disto, en particular a mensaxe de Jacobo Tarrío. Grazas.
Xa postos, saberedes que Google mercou unha fábrica de papel da compañía Stora
Enso en Finlandia (dise que o moíño de Summa, aínda que Stora ten outras -
bastantes- instalacións pechadas polo norte de Europa), para levar para aló un
centro de datos. Motivo? aforros de custos: en consumo eléctrico e de
mantemento en aire acondicionado, en factura eléctrica (hai nucleares perto) e
tal vez en custos salariais, o despido en Finlandia sae por dous ras (reais).