O Luns 09 Marzo 2009 13:38:21 Leandro Regueiro escribiu: > Caché (90×KDE + 18xGNOME + 2xSUSE + 4×OpenOffice.org) = 114 > Cache (3xKDE + GNOME) = 4 > > Creo que se escribe con til. > > Cal é o xénero de "caché"?? > > Ata logo, > Leandro Regueiro En castelán é feminino.
"Caché" alude a un tipo específico de memoria. Sendo "memoria" un termo feminino, semella que o lóxico é que manteña o mesmo xénero. En canto ao til, é unha palabra aguda rematada en vogal. Todas as veces que esté sen til, é por erro. Probablemente por tomala do inglés (onde obviamente non leva til) e por erro se deixe sen cambiar na cadea traducida. Saúde!! -- O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación -- karl