O Luns 09 Marzo 2009 13:51:01 Leandro Regueiro escribiu: > >> Caché (90×KDE + 18xGNOME + 2xSUSE + 4×OpenOffice.org) = 114 > >> Cache (3xKDE + GNOME) = 4 > >> > >> Creo que se escribe con til. > >> > >> Cal é o xénero de "caché"?? > > > > Eu emprego o feminino → memoria caché > > Non fixen estatísticas disto, pero vin bastantes traducións con xénero > en masculino. "Caché" como "imaxe ou prestixio" é masculino. Deixo como exercicio o porqué de usar a forma masculina ante a dúbida XDD (nota: agradezo ao feminismo o ter prantexado esta cuestión ;) )
En informática, "caché" é un adxectivo sustantivado: "ter unha memoria caché de 2 MB", "é preciso aumentar o tamaño da caché de disco para evitar o risco de desbordamento de memoria", por "é preciso aumentar o tamaño da memoria caché de disco para evitar..." De feito, sendo rigorosos, "caché" non existe como sustantivo en informático (salvo algúns usos desafortunados e incorrectos). Na meirande parte das situacións que o usan como sustantivo, úsase (incorrectamente, como dixen) no canto dos correctos tampón, búfer, arquivo de intercambio, memoria de intercambio e outros máis minoritarios. Para clarexar, vexamos un exemplo uso incorrecto de caché describindo o funcionamento da memoria de intercambio que teño lido nalgunha ocasión: "A partición de intercambio actúa como un caché de disco, simulando ser unha extensión da memoria". É doado ver os erros desta afirmación: a) unha memoria caché necesariamente é unha memoria de tipo asociativo, onde cada unidade de memoria ten unha etiqueta que acelera a súa busca. Un disco duro podería simular isto, pero xeralmente o disco duro implementa algunha sorte de acceso directo. Na memoria virtual cópiase o contido da memoria principal, sexa esta de acceso aleatorio (das RAMs) ou asociativo (caché de nivel 2, fora do microprocesador). b) Unha memoria de intercambio debe manter tódolos datos precisos: non pode desbordar, pola propia xerarquía de memoria: supónse que se accede a memoria de intercambio se (e só se :) ) as demáis están cheas. Así, unha memoria de intercambio que non conteña os datos que non están nas demáis, provocará un desbordamento "por definición". De ahí que antes fora un quebradeiro de cabeza estimar o seu tamaño. Pola contra, unha memoria caché soe utilizarse para gardar só os datos máis usados (pola forte limitación de tamaño), confiando en que impliquen a meirande parte de accesos. c) O principal: unha memoria caché implica algunha sorte de soporte físico para que o uso de etiquetas sexa rendible. > Ata logo, > Leandro Regueiro Saúde!! -- O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación -- karl

