>> Propoño usar como tradución recomendada "valores predeterminados".
>
> Non podes obrigar a empregar o «valores» ese.

A ver se vai ser que pensas que estou aquí para obrigar a alguén.
Téñoche moi asumido que cadaquén vai facer o que lle pete.


>> @KDE: corrixir a tradución mal escrita.
>
> A ver chaval: está moi ben iso de corrixir, e tomo nota, pero non me deas máis
> traballo do imprescindíbel: no open-tran podes mirar que ficheiro foi, sería
> moito máis cómodo que mo indicases. Nin que dicir ten que se é dun módulo que
> non sexa meu ou orfo non o tocarei.

Vale. Acepto a túa crítica. Anoto o comentario doutra conversa na que
falas de crear unha páxina na wiki para isto. Verei de buscar os
ficheiros nos que están os erros.

Por certo, supoño que o entendeches así pero non estou dicindo todo
isto para obrigar a cambiar nin nada, só estou dicindo que o open-Tran
devolve eses erros (a saber se teñen a base de datos actualizado a
todo isto) e que se se pode seria recomendable corrixilos, se non é
hoxe ou mañá si algún día vindeiro.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a