Ola, son profesor do CPI de Atios en Valdoviño e tiña unha solicitude.
Sei do voso traballo porque estou subscrito á lista e, máis ou menos, voume
enterando dalgún tema. O asunto é que me interesaba que alguén puidera vir
dar unha charla/presentación ao meu colexio, xa que me parece un traballo
moi importante e interesante, tanto no contido como no desenvolvemento do
mesmo.
Sei que pode ser complicado, e xa me dixera Leandro que non tedes a ninguén
por esta remota parte do mundo, pero agora nos concederon unha axuda
económica, así que poderíamos remunerar a charla, para que, se vén alguén,
poidera ter para pagarse os gastos de desprazamento e lle quedase aínda algo
(a convir) para invitar á parella a cear nun sitio bonito .
O tema que nos interesaría que desenvolvese a charla, ou o que sexa, sería o
software libre, a traducción e , sobre todo, como vos organizades (técnica e
humanamente) para levar adiante o voso traballo. De todos xeitos, isto xa o
concretaríamos.
As datas preferentemente serían despóis de semana santa e, obrigatoriamente,
antes do 31 de maio que temos que ter todo  acabado.
Creo que sería un traballo que estaría moi ben, tanto por traballar sobre os
cachorros que poden ser futuros traductores, como por difundir entre o
profesorado a vosa actividade, que seguro moitos descoñecen e lles
interesará.
Grazas pola vosa atención e, sempre, polo voso traballo.
Tucho Méndez
CPI de Atios - Valdoviño

Responderlle a