Como parece que non chegou á rolda de Trasno (ou polo menos a min non
me chegou) reenvio:


---------- Forwarded message ----------
From: alberte mendez lopez <tuchodefr...@gmail.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2009/3/12
Subject: Fwd: Solicitude charla
To: Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

Ola, son profesor do CPI de Atios en Valdoviño e tiña unha solicitude.

Sei do voso traballo porque estou subscrito á lista e, máis ou menos,
voume enterando dalgún tema. O asunto é que me interesaba que alguén
puidera vir dar unha charla/presentación ao meu colexio, xa que me
parece un traballo moi importante e interesante, tanto no contido como
no desenvolvemento do mesmo.
Sei que pode ser complicado, e xa me dixera Leandro que non tedes a
ninguén por esta remota parte do mundo, pero agora nos concederon unha
axuda económica, así que poderíamos remunerar a charla, para que, se
vén alguén, poidera ter para pagarse os gastos de desprazamento e lle
quedase aínda algo (a convir) para invitar á parella a cear nun sitio
bonito.

O tema que nos interesaría que desenvolvese a charla, ou o que sexa,
sería o software libre, a traducción e , sobre todo, como vos
organizades (técnica e humanamente) para levar adiante o voso
traballo. De todos xeitos, isto xa o concretaríamos.

As datas preferentemente serían despóis de semana santa e,
obrigatoriamente, antes do 31 de maio que temos que ter todo  acabado.
Creo que sería un traballo que estaría moi ben, tanto por traballar
sobre os cachorros que poden ser futuros traductores, como por
difundir entre o profesorado a vosa actividade, que seguro moitos
descoñecen e lles interesará.

Grazas pola vosa atención e, sempre, polo voso traballo.

Tucho Méndez
CPI de Atios - Valdoviño

Responderlle a