Pois moitas grazas! A verdade é que me alegra moito que poidades vir algún, e non vos preocupedes que por aquí se come ben. A charla si que tería que ser en día laborable, xa que sería unha actividade académica. O de facelo antes de semana santa dicía que é máis complicado porque xa van ser as avaliacións e os rapaces andan máis afogados de exames e sería máis dificil atopar algún profesor que nos ceda a súa hora, eu mesmo ando moi apurado coa programación. Nada máis pasar semana santa, xa é moito máis doado. De todos xeitos, se ten que ser agora, buscamos a maneira. En resume, propoñede vós o día e hora que vos vaia mellor (o horario do cole é polas mañás de 9:35 a 15:05 e o xoves tarde de 16:45 a 18:35) e logo eu miro a ver se damos organizado. Se tal dádeme un par de opcións para ter xogo. O dito, moitas grazas e ficamos en contacto. Tucho
2009/3/12 Miguel Branco <[email protected]> > > > Unha pasantían? Iso que ven sendo? (son un ignorante, seino, pero o levo > > ben > > onde metes ós rapaces cando suspenden no cole (clases de apoio, academia... > ) > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

