>> Contexto do widget:
>> Páxina (39×KDE) = 39
>> Separador (33×GNOME + 4xKDE) = 37
>> Lingüeta (5xKDE) = 5
>> Aba (KDE) = 1
>> Pestana (26xKDE + GNOME) = 27
>> Pestaña (GNOME)
>>
>> No glosario de Trasno recomendase "lingüeta" e aceptanse "separador" e
>> "aba" e non se acepta "pestana", no de Mancomun recomendase
>> "separador", "tabulación" e "tabulador".
>>
>> Así e todo vexo moito "pestana" e "pestaña". Cando teña tempo
>> compilarei a lista de ficheiros onde hai que substituir.
>
> A min sempre me estrañou que "tab" (p.e. no firefox) non se traducira como
> "solapa".
Arredemo, outra tradución máis. En todo caso esta é boa. "Aba" nunca
me convenceu, "separador" ten problemas, "lingüeta" escolleuse por ser
a menos mala, "páxina" foi unha escolla de Marce, e "pestana" e
"pestaña" eran opcións non aceptadas.
Ata logo,
Leandro Regueiro