Leandro Regueiro escribiu:
Contexto do widget:
Páxina (39×KDE) = 39
Separador (33×GNOME + 4xKDE) = 37
Lingüeta (5xKDE) = 5
Aba (KDE) = 1
Pestana (26xKDE + GNOME) = 27
Pestaña (GNOME)
No glosario de Trasno recomendase "lingüeta" e aceptanse "separador" e
"aba" e non se acepta "pestana", no de Mancomun recomendase
"separador", "tabulación" e "tabulador".
Así e todo vexo moito "pestana" e "pestaña". Cando teña tempo
compilarei a lista de ficheiros onde hai que substituir.
A min sempre me estrañou que "tab" (p.e. no firefox) non se traducira como
"solapa".
Arredemo, outra tradución máis. En todo caso esta é boa. "Aba" nunca
me convenceu, "separador" ten problemas, "lingüeta" escolleuse por ser
a menos mala, "páxina" foi unha escolla de Marce, e "pestana" e
"pestaña" eran opcións non aceptadas.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Eu teño usado lapela, de feito o dicionario irindo encamiñaa solapa a
lapela.