Ola, estiven buscando na sección de outros para ver traducións fáciles pendentes (non comezadas) para ver de facer no obradoiro da XGN, e dado que o BMPx desapareceu, ou non consigo conectar co sitio, boteille un ollo a Geany, pero ó ser un IDE pode resultar complicado. Sabedes dalgo que estea por traducir e nin sexa moi complicado nin teña centos e centos de cadeas por traducir (preferiblemente unha tradución sen comezar)?
Ata logo,
Leandro Regueiro

