Ola de novo.
Engadín algo máis de 100 erros novos e xa cansei. Seguirei outro día.
Teño algunhas dúbidas e certos comentarios.
Unha das dúbidas é se nalgún contexto é aceptable traducir "address"
como "dirección", porque de non ser así hai outra ducia de erros.
Agora cousas que me chamaron a atención:
* unha gran cantidade de tradución de "saír" non levan til.
* "daemon" traduciuse moitas veces como "demo" e "demonio", aínda que
o glosario de Trasno é moi claro sobre isto
* "empty" case se traduciu máis veces de xeito incorrecto ca
correcto. Fartei de ver "vacío", "vacio", "vaciar", "valeiro"... polo
lado bo non vin ningún "valdeiro" nin "baldeiro".
* "clipboard" tradúcese menos veces como "portapapeis" que como
"portarretallos", pero vin bastante "porta-retallos",
"portaretallos"... en cambio nunca vin "área de transferencia" e estou
pensando en quitalo do glosario.
Isto en liñas xerais. Teño previsto darlle un repaso ó glosario de
Trasno quitando traducións que non se usaron nos últimos cinco anos, e
reordenar e completar un pouco máis o glosario.
Ata logo,
Leandro Regueiro