Leandro Regueiro escribiu:
Por certo, xa hai bastantes erros detectados en Gnome que alguén de
Gnome tería que ir corrixindo, quen se ofrece voluntario? Hai certos
erros que están moi espallados e que vai levar moito tempo corrixir.

Por outra banda comentar que os erros de KDE parece que se propagan
cara openSuse, así que corrixilos sería dobremente bo, pero con calma
e cando haxa tempo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro


Ola Leandro,

Dos erros de Gnome voume encargar eu.
Xa te fixarías que son case todos dos extras, que non traducimos en Mancomún. Menudo traballo que estás a facer... Por outra parte comento que en Mancomún estamos a completar (é dicir, que lle estamos dando) á axuda de todo OpenOffice porque hai anos que non se lle volveu tocar.

Non o dis pero supoño que os erros de Gnome serán da última versión, ou ?
(no fondo dá igual porque os vou buscar e xa está)

Antón Méixome

Responderlle a