Este texto é longo de máis, e conta a mia vida. A non ser que che apeteza ler información supérflua sobre como me decatei do erro, recoméndoche que vaias para abaixo ata onde pon "Información útil".
O caso é que estaba poendo ao día nos meus votos a suxerencias e erros de KDE, cando se me ocurriu informar de dous erros do Ktorrent. O primeiro deles solucionárono unhas horas despois do lanzamento da 3.2.1, así que imaxino que para dentro duns meses xa haberá unha 3.2.2 en que estea solucionado. Respecto do segundo... Desde a última actualización de Ktorrent, non estou seguro de se a 3.2.0 ou a 3.2.1, ocórreme que o programa a metade das veces 'crashea' (fastídiase, esnáfrase contra a pantalla, falla, desaparece, fódese... non sei como traducilo, nada no glosario). E, intentando reproducilo desde a terminal, pechei o Ktorrent e o volvín abrir así coma catro ou cinco veces. Pero nada, que o programa ía ben. Díxenme a min mesmo: "Nada, será que se solucionou na 3.2.1". Este é o momento perfecto para comentar que, despois de fallar, a aplicación me desconfiguraba unha cousia cando a volvía iniciar (a segunda vez sempre ía ben). O que me desconfiguraba éra o nome dunha lingüeta (páxina, pestaña). Mentres que nela eu quería visualizar os torrents que estaban a subir de verdade (subo moito), cada vez que o programa fallaba vía na pestaña ao inicialo logo todos os torrents que estaban listos para subir (non os que de verdade subían algo). O caso é que eu supua que este pequeno problema coa lungüeta podía ser causa de: 1) como o programa falla, volve a unha configuración previa, 2) como o programa falla, desconfigúrase, 3) o programa agora xa non é capaz de gardar a configuración das lingüetas. Comentado isto, e volvendo a que non daba reproducido o bug dos craches ao chou, ocorréuseme comprobar -concenciado de que non ía poder reproducir o bug polo que o programa crasheaba a metade das veces- agora que o programa non fallaba se o problema da lingüeta se producía tamén agora -que o programa non fallaba-, o que significaría que Ktorrent xa non era quen de gardar a configuración das lingüetas. Así que volvín poer ben a lingüeta, pechei o programa, e volvín abrilo. Crash! Así que supuxen que o das lingüetas e o do crash estaban relacionados. Fun ver os tipos de lingüetas que había, e resulta que: __________________________Información útil____________________________________ Dous tipos diferentes de grupos de torrents, o referente aos torrents que suben e o referente a aqueles que están preparados para subir en canto haxa a quen subirllos, teñen o mesmo nome: "Envíos activos". O mesmo ocorre coas recepcións. Fai falla facer unha tradución distinta para cada un destes grupos de torrents ou o Ktorrent falla. Para os que se están a enviar, eu deixaría o de activo/pasivo. Para os que están preparados para enviarse/recibirse, eu usaría algo coma: Envíos preparados Envíos detidos (baseado na tradución ao portugués/castelán) PS: En realidade dáme o mesmo cal sexa a tradución, pero ten que ser distinta para que o programa non falle ao iniciarse.

