> > Así que supuxen que o das lingüetas e o do crash estaban relacionados. > > Fun ver os tipos de lingüetas que había, e resulta que: > > > > __________________________Información > > útil____________________________________ > > > > Dous tipos diferentes de grupos de torrents, o referente aos torrents que > > suben e o referente a aqueles que están preparados para subir en canto > > haxa a quen subirllos, teñen o mesmo nome: "Envíos activos". O mesmo > > ocorre coas recepcións. > > > > Fai falla facer unha tradución distinta para cada un destes grupos de > > torrents ou o Ktorrent falla. > > > > Para os que se están a enviar, eu deixaría o de activo/pasivo. > > > > Para os que están preparados para enviarse/recibirse, eu usaría algo > > coma: Envíos preparados > > Envíos detidos (baseado na tradución ao portugués/castelán) > > > > PS: En realidade dáme o mesmo cal sexa a tradución, pero ten que ser > > distinta para que o programa non falle ao iniciarse. > > Está isto verificado? > > Como comprobalo: colle o ficheiro gl/ktorrent.mo e faille un msguncomp > (vamos, que refagar o ficheiro po a partires do mo. Procura a > tradución "Envios activos", e corríxea como desexes. > Recompila o ficheiro mo, mediante o msgfmt, e gárdao e > .kde4/share/locale/gl/ktorrent.mo (iirc), > e vota a andar o ktorrent, a ver se ten máis peches inesperados (esta > foi a tradución de crash á que chegou Ramón Flores).
Comprobado co ficheiro ktorrent.mo anexo que: 1) O problema da lingüeta soluciónao. Agora a lingüeta que escolla é a que atopo tras pechar e volver abrir o programa. Xa non se desconfigura. 2) Os peches ao chou síguense producindo, vou ter que informar en KDE Bugs.
ktorrent.mo
Description: application/gettext-translation

