Ola,
estiven revisando as traducións de "empty" e decateime de que se usou
moito "vaciar" e "vacío". Consultei algún que outro diccionario de
galego e mailo digalego e non vin que viñeran neles, así que pensei
que debía ser un castelanismo e xa ía poñelo como tal no glosario de
Trasno.

Hoxe á mañá por enredar un pouco fun á sección de diccionarios da
biblioteca e vin que tiñan o estraviz e funlle botar un ollo. Busquei
esas dúas entradas e viñan nel. O máis curioso é que nin "baleiro" nin
"baleirar" viñan. Igual viñan con v pero non me deu tempo a mirar
máis. Alguén me pode aclarar o tema?

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a