> @Leandro
>
> Xa que estas co glosario, só facer un comentario, no termo "authenticate":
>
>  1. v.t. autenticar (recomendado)
>  2. v.t. autentificar
>
> En galego o termo autentificar so está reflectido no e-Estraviz e remite a
> autenticar, creo (opinión moi persoal) que autentificar non é correcta en
> galego
>
> Se o tendes todos a ben podería corrixirse.

Xa estiven mirando isto, e a verdade é que a xente usou sempre
"autenticar", supoño que porque ten menos letras, quen sabe... Teño
pensado desaconsellar "autentificar", pero simplemente porque dando
unha única opción en casos onde non hai problemas de confusión axúdase
moito a aumentar a coherencia terminolóxica.

Máis problemas teremos en "authentication"

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a