>> > @Leandro
>> >
>>> Xa que estas co glosario, só facer un comentario, no termo
>>> "authenticate":
>>>
>>>  1. v.t. autenticar (recomendado)
>>>  2. v.t. autentificar
>>>
>>> En galego o termo autentificar so está reflectido no e-Estraviz e remite
>>> a autenticar, creo (opinión moi persoal) que autentificar non é correcta
>>> en galego
>>>
>>> Se o tendes todos a ben podería corrixirse.
>>
>> Xa estiven mirando isto, e a verdade é que a xente usou sempre
>> "autenticar", supoño que porque ten menos letras, quen sabe... Teño
>> pensado desaconsellar "autentificar", pero simplemente porque dando
>> unha única opción en casos onde non hai problemas de confusión axúdase
>> moito a aumentar a coherencia terminolóxica.
>>
>> Máis problemas teremos en "authentication"
>
> Na medida en que non existe o verbo "autentificar" (creo, modestamente. que)
> segue a mesma norma → autenticación

Xa, pero hai de todo. Iso si "autenticación" é claramente maioritaria.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a