> svn co $prefixo/{branches/stable,trunk}/l10n-kde4/{scripts,templates,gl}
>
> Non me separa "branches/stable" e "trunk", senón que me crea directamente
> "scripts", "templates" e "gl"

O script trasno_firstime foi feito hai un tempo, así que talvez teña
algún problema a día de hoxe, pero podo garantir que o probei cun
usuario diferente ao meu habitual e que me ten funcionado.

0- Se vai con "kde" e non con "KDE", pois como funcione.

2- Isto é raro, a shell debería expandi o
$prefixo/{branches/stable,trunk}/l10n-kde4/{scripts,templates,gl} aos
seguintes 6 ítems:
$prefixo/branches/stable/l10n-kde4/scripts
$prefixo/branches/stable/l10n-kde4/templates
$prefixo/branches/stable/l10n-kde4/gl
$prefixo/trunk/l10n-kde4/scripts
$prefixo/trunk/l10n-kde4/templates
$prefixo/trunk/l10n-kde4/gl

se o que me dis é que crea: $prefixo/l10n-kde4/*, non sei exactamente
a qué pode deberse.

Para arranxalo substitue o chourisiño aquel polas seis cousas que poño en riba.

Procura gardar o script resultante, e mira a licenza (por se queres
mudala da BSD a outra), e cando rule poñemos a versión que che
funcionase.

Responderlle a