> 2- Isto é raro, a shell debería expandi o
> $prefixo/{branches/stable,trunk}/l10n-kde4/{scripts,templates,gl} aos
> seguintes 6 ítems:
> $prefixo/branches/stable/l10n-kde4/scripts
> $prefixo/branches/stable/l10n-kde4/templates
> $prefixo/branches/stable/l10n-kde4/gl
> $prefixo/trunk/l10n-kde4/scripts
> $prefixo/trunk/l10n-kde4/templates
> $prefixo/trunk/l10n-kde4/gl
>
> se o que me dis é que crea: $prefixo/l10n-kde4/*, non sei exactamente
> a qué pode deberse.
>
> Para arranxalo substitue o chourisiño aquel polas seis cousas que poño en
> riba.
>
> Procura gardar o script resultante, e mira a licenza (por se queres
> mudala da BSD a outra), e cando rule poñemos a versión que che
> funcionase.

Non o fixen cun script (non sei facer un, pero chegado o caso podo usar 
"firsttime" coma molde). Foi ao introducir o comando -seguindo paso por paso 
axuda.txt-. Disme de facer un script para realizar este segundo paso?

NOTA: no firsttime non obtén a póla estable, só trunk. Por iso imaxinei que 
este paso non o fixera firsttime, e teño que facelo manualmente. Non sei se 
expliquei ben a situación.

Responderlle a