2009/7/13 Miguel Branco <bandu...@gmail.com> > > > > Pois se abrimos conta antes da fundacional a xente pode meter alí para ter > o > día que se rexistre ( e non sei como vai isto> contas de asociacións). > Senón > podería algún adiantar os cartos (se non queda máis remedio, eu) ou > xuntarse o > día da asemblea. > > Fai apenas un mes que montamos unha asociación cultural no meu concello, e aínda que eu non levei o papelame, se queredes abrir unha conta para a asociación, antes tedes que estar legalmente constituídos (iso aínda levará uns tres meses, mais ou menos, dende que se presente a documentación, sempre que non haxa erros).
Así que para ir xuntando cartos para os trámites, haberá que designar a alguén que se faga responsable (considero parvada abrir unha conta, porque ó fin e o cabo terá que estar a nome dunha persoa física, e ben podemos confiar en que os garde no peto :P). Penso que o mellor é designar tesoureiro, que se faga cargo das aportacións da xente, e unha vez constituída a asociación, se teñan en conta esas aportacións e se deduzan das cotas (se se decide poñelas, que imaxino que sí) En canto a como abrir a conta, agora mesmo estamos neso na nosa asociación, así que cando chegue o momento podo comentarvos como vai mais ou menos. -- Xabier Villar