>>>> Eu pola semana tamén teño dispoñibilidade pero pola tarde que pola mañá
>>>> curro aínda que poida que sexa negociábel.
>>>
>>> Eu, mentres sexa a partires do 26, no problemo.
>>
>> Eu prefiro que non sexa en agosto. Non estaría de máis ir concretando
>> un pouco máis o tema: Miguel vai de presi.
>
> O_o
>
>  daquela ti vas de secretario seghuro ;)

A min vaime máis o de dirixir o tema, pero non estou interesado :)

>> Si, teremos que crear unha conta pero en que entidade?
>
> poida que o mellor sexa unha caixa: caixa galicia ou caixanova??
>
>> Haberá tamén xente que non poida/queira ir á asemblea fundacional e
>> queira ser socio: pagan eles despois unha taxa ou como facemos? Se
>> sabemos que imos ser máis de vinte cunha taxa de 5€ vale para cubrir
>> ese gasto.
>
> Pois se abrimos conta antes da fundacional a xente pode meter alí para ter o
> día que se rexistre ( e non sei como vai isto> contas de asociacións). Senón
> podería algún adiantar os cartos (se non queda máis remedio, eu) ou xuntarse o
> día da asemblea.

Tampouco é cuestión de cargarlle todo a un. Quizais o mellor sexa que
a conta a creen o presidente e mailo tesoureiro despois da asemblea
fundacional e informen na seguinte asemblea do estado monetario, e que
a xente que vaia á asemblea fundacional leve uns 33€ xa que
necesitamos mínimo tres persoas para asinar.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a