> Lonxe de saber exactamente como traducilo, si que che podo ofrecer un > exemplo de uso do termo "backdrop". > > Se eres afeccionado ao cinema con efectos especiais, oirías falar das > técnicas de filmación empregando un "croma-key" ou, dito en galego, un fondo > azul [ou verde, segundo os requerimentos].
Non seria algo do estilo do que usan para o do "tempo" nas televisións? > A eses fondos chámanlles "backdrop". > > Segundo o wordreference, "backdrop" tradúcese como "telón de fondo". > > No caso que che concerne, eu distinguiría entre o "fondo de escritorio" e a > imaxe que poidas empregar para cubrilo. Así entendido, o "fondo de > escritorio" sería o plano uniforme e monocromático sobre o que se sitúan os > elementos do escritorio e a imaxe que uses [ou non] para cubrilo e > personalizalo sería o tapiz [ou "papel tapiz", ou como gustes]. Eu segundo digades, ando agora un pouco aparvado. Ata logo, Leandro Regueiro