> Saudos. > > Non sei se vos pasou algunha vez a vos. A min, hai certas palabras cuxo > significado me resulta tan obvio que nunca me paro a pensar se realmente > coñezo a súa tradución correcta ata que teño que usala. > > "Developer" é unha desas palabras. > > Sei que "to develop" tradúcese como "desenvolver" [en castelán > "desarrollar"]. > > "Developer", en castelán tradúcese por "desarrollador", pero ¿cal é o termo > correcto en galego? ¿"Desenvolvedor"? > > Claro que, o anteriormente mencionado só se aplica ao ámbito da > "Information Tecnology" ou informática. > > Cónstame que, en outros ámbitos debe traducirse de xeito distinto, por > exemplo un "Land developer" sería un "Promotor inmobiliario" ou, segundo > wordreference e o merrian webster, tamén se coñece como "developer" o > "revelador químico" usado en fotografía. > > Como o traducides vós? Porque estou seguro que nalgún proxecto tivo que > aparecer.
No contexto da Computation, 'developer' é «desenvolvedor».