2009/9/20 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> Saudos.
>>
>> Non sei se vos pasou algunha vez a vos. A min, hai certas palabras cuxo
>> significado me resulta tan obvio que nunca me paro a pensar se realmente
>> coñezo a súa tradución correcta ata que teño que usala.
>>
>> "Developer" é unha desas palabras.
>>
>> Sei que "to develop" tradúcese como "desenvolver" [en castelán
>> "desarrollar"].
>>
>> "Developer", en castelán tradúcese por "desarrollador", pero ¿cal é o termo
>> correcto en galego? ¿"Desenvolvedor"?
>>
>> Claro que, o anteriormente mencionado só se aplica ao ámbito da
>>  "Information Tecnology" ou informática.
>>
>> Cónstame que, en outros ámbitos debe traducirse de xeito distinto, por
>> exemplo un "Land developer" sería un "Promotor inmobiliario" ou, segundo
>> wordreference e o merrian webster, tamén se coñece como "developer" o
>> "revelador químico" usado en fotografía.
>>
>> Como o traducides vós? Porque estou seguro que nalgún proxecto tivo que
>> aparecer.
>
> No contexto da Computation, 'developer' é «desenvolvedor».

desenvolvente --> 115
KDE:  114
SUSE:  1

desenvolvedor --> 54
GNOME:  9
KDE:  40
SUSE:  1
XFCE:  4

programador --> 14
KDE:  14

desenrolador --> 5
GNOME:  5


No glosario de Trasno non ven, aínda que indica que "develop"  e
"development" se traducen como "desenvolver" e "desenvolvemento". No
de Mancomun propoñen "desenvolvedor" e "programador".

Eu persoalmente tradúzoo como "desenvolvedor" e podo dicirche que o de
"desenvolvente" é cousa de Marce. Por certo, "desenrolador" é algo ou
alguén que desfai rolos, así que non se pode aplicar.

Responderlle a