>>> >> atopei xa varias cadeas co termo "wrap", que obviamente non significan >>> >> "envolver": >>> > >>> >> "wrap search and find again" >>> >> "wrap line at the window border and continue it on the next line" >>> > >>> >> Supoño que hei poñer "finalizar", ou "rematar", ou similar... a >>> > non ser >>> >> que haxa algunha outra idea, vaia >>> > >>> >> Opinións?
Opino que deberiades consultar o glosario de Trasno, que para iso está: http://trasno.net/trasno:glosario wrap search 1. s.f. procura cíclica 2. s.f. procura circular 3. procurar ciclicamente Modo de procura no cal, ao acadar o final da entidade onde se estexa a procurar, a procura é continuada desde o comezo da entidade até o ponto onde comezar o proceso. Por outra banda, a ver se Fran integra o script de consulta que fixen eu co Fantasdic para ver se vos animades a consultar os glosarios, aínda que non sexan perfectos boa parte deles. Por certo, estou intentando arranxar o script de consulta para que filtre por resultados exactos tamén, xa que se buscas "tab" aparece a ducia de resultados que conteñen "tab", pero tamén todos os outros que conteñen "table", "database", "executable", "portable", "writable"... e ao final son 170 entradas de nada que devolve a pesquisa, o que evidentemente non é moi útil se queres unha consulta rápida e exacta. Toma nota, Fran!! Ata logo, Leandro Regueiro