>>>>>>> atopei xa varias cadeas co termo "wrap", que obviamente non >>>>>>> significan "envolver": >>>>>>> >>>>>>> "wrap search and find again" >>>>>>> "wrap line at the window border and continue it on the next line" >>>>>>> >>>>>>> Supoño que hei poñer "finalizar", ou "rematar", ou similar... a >>>>>>> non ser que haxa algunha outra idea, vaia >>>>>>> >>>>>>> Opinións? >> >> Opino que deberiades consultar o glosario de Trasno, que para iso >> está: http://trasno.net/trasno:glosario >> >> wrap search >> >> 1. s.f. procura cíclica >> 2. s.f. procura circular >> 3. procurar ciclicamente >> >> Modo de procura no cal, ao acadar o final da entidade onde se >> estexa a procurar, a procura é continuada desde o comezo da entidade >> até o ponto onde comezar o proceso. >> >> >> Por outra banda, a ver se Fran integra o script de consulta que fixen >> eu co Fantasdic para ver se vos animades a consultar os glosarios, >> aínda que non sexan perfectos boa parte deles. >> >> Por certo, estou intentando arranxar o script de consulta para que >> filtre por resultados exactos tamén, xa que se buscas "tab" aparece a >> ducia de resultados que conteñen "tab", pero tamén todos os outros que >> conteñen "table", "database", "executable", "portable", "writable"... >> e ao final son 170 entradas de nada que devolve a pesquisa, o que >> evidentemente non é moi útil se queres unha consulta rápida e exacta. >> Toma nota, Fran!! > > Por certo, a ver se cambiamos eses ":" no nome por algo compatible co > formato ISO, que logo sempre me están dando problemas á hora de facer copias > de respaldo e similares.
De que falas? Quédome co de copias de respaldo. Ata logo, Leandro Regueiro