Boas.

- Erros reportados corrixidos.
- Ficheiros que non estaban baixo control de versións, engadidos e subidos.
- Editada e actualizada a información da páxina de Trasno ó respecto.

Nota 1: mañá debería de estar a información das estatísticas actualizada.

Nota 2: como cando en Mandriva fas unha copia local do repositorio che crea
unha estructura de "carperta por paquete" que contén os ficheiros .po de
tódolas linguas, resulta un pouco engorroso á hora de traballar contra o
servidor. Así que, fixen uns scripts en python (con axuda de Millán para
facer o primeiro) para automatiza-los distintos procesos. Só me resta
atopa-la maneira de introduci-lo contrasinal unha soa vez por operación e
non unha vez por cada carpeta (solicítama o ssh de cada vez). Se a alguén se
lle ocorre cómo, son todo oídos. Dito isto, se alguén precisa dos scripts
por ter unha estructura similar, que mos pida e mándollos sen problema.

*Importante:* se alguén máis á parte de min e de Leandro ten conta no svn de
Mandriva que faga o favor de poñerse en contacto comigo.

Un saúdo,

                 Alejo Pacín.

Responderlle a