Boas.

Onte actualicei o wiki de Mandriva cos datos "novos", que xa ía sendo, hora
pola miña parte, :-P. Se vedes que me falta algo, avisade, que logo o
cambio.

Nota: o tema dos equipos, non sei o porqué, está duplicado en dúas páxinas
distintas do wiki e ás que se chega por distintos camiños.

Como xa vos decatastes moitos, o tema da traducción ó galego de Mandriva
leva parado unha tempada por un problema puntual, pero que non me acaban de
arranxar.

Hai un tempo perdín tódalas miñas chaves ssh por esquecer metelas no backup
antes de formatar o pc (xa sabedes, se non se ve, é como se non existise; as
carpetas ocultas son o que teñen, T_T).

Abrín un fío pra que me cambiaran a chave, e fixérono, pero mal, porque a
día de hoxe, non podo entrar. Solicítame un contrasinal que non coincide con
ningún dos que emprego (nin, evidentemente, coa passphrase). E ter teño todo
ben configurado e estou seguro de que a passphrase é correcta.

Xa avisei (internamente ó encargado do svn) do tema hai un tempo, pero non
me fixo nin caso. Agora co tema de que mandaron un monte de persoal á rúa,
non sei quén carallo se encarga de qué; nin Mandriva saca un comunicado
oficial anunciando os novos postos, nin eles mesmos se presentan nas roldas
(como antigamente). De feito, dende que comezou o asunto dos despedimentos,
nas roldas só se viron correos de despedida por parte dos antigos
traballadores e de apoio a eles por parte de colaboradores. Por parte de
Mandriva, nin unha soa palabra durante todo o proceso. É abraiante.

Vou facer un último intento pola miña parte a través do IRC e máis da rolda
de i18n, a ver qué pasa. Se alguén se entera de algo, por favor, que avise,
que a desinformación por parte da empresa é moita.

Saúdos,

               Alejo Pacín.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a