> > Lista de nomes de países e rexións > > Listaxe de nomes de cidades > > Listaxe de constelacións > > Listaxe de obxectos celestes > > > > Pero non temos os nomes das teclas. Creo qeu sería útil coller a imaxe > > dun teclado QWERTY.es e poñerlle os nomes ás teclas, tras discutilos, > > para logo cargalo en trasno.net. O gráfico creo que o poderemos obter > > dalgunha versión antiga do Wormux, e co inkscape editalo engadindo os > > nomes en galego de cada tecla. > > > > Dicídeme que vos parece. Mentres tanto vou buscar o svg que había no > > Wormux... > > Non che me parece nada mal. Ademais algún día imos ter que coller e > pasar esas listaxes a TBX.
En canto rematedes o aplicativo ti e Chaves creo que nos imos ter que poñer todos a traducir listaxes e mailo glosario a TBX :) O gráfico do Wormux é un PNG e non parece que o SVG que o orixinou (se é que o houbo algunha vez) exista aínda. Na commons hai QWERTY completo[1], aínda que non con localización «es», e QWERTY con localización «es»[2] pero incompleto. De todos xeitos, posto que as teclas de letras son doadas de nomear (Ñ chámase Ñ, K chámase K, W chámase W...), poderiamos coller o QWERTY anglosaxón e simplemente traducir as teclas que si que teñen nome: Esc: Esc... Tab: Tabulador, tabulación... Caps lock: Bloq Máius... Shift: Máius (coido que esta xa acordaramos deixala así) Ctrl: Ctrl, Control... Meta/Super/Win/System Key: Meta, Súper, SO, GNU ;)... Alt: Alt, Alternativa... Alt Gr: Alt Gr, Alternativa Grande XD... Enter: Intro, introducir, devolver... Backspace: Borrar, Retroceso, Retroceder... Insert: Inserir... Delete: Suprimir... Home: Inicio, Índice... End: Fin... Page Up: Re Páx, Ant. Páx... Page Dow: Av Páx, Seg. Páx... Print Screen | SysRq: Capturar Pantalla, Cap. Pant... Scroll Lock: Bloq [scroll]... Pause: Pausa... Num Lock: BLoq Num... Space: Barra espaciadora, espacio/espazo (non recordo cal era, xuraría que z)... [Tecla entre Meta dereita e Ctrl dereito]/Application Key: Tecla rara, aplicativo, aplicación, programa... [Direction] Arrow: Frecha [cara sentido], Frecha [situación], Frecha [sentido]... // cara arriba/superior/arriba Poderiamos engadir máis alternativas que se vos ocorran para nomear as diferentes teclas e logo decidir por cal optamos en cada caso. Tamén faltan enominacións en inglés para algunhas ads teclas, e estaría ben ter todas as posibles. [1] http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Qwerty.svg [2] http://commons.wikimedia.org/wiki/File:KB_Spanish.svg

