>>> Lista de nomes de países e rexións >>> Listaxe de nomes de cidades >>> Listaxe de constelacións >>> Listaxe de obxectos celestes >>> >>> Pero non temos os nomes das teclas. Creo qeu sería útil coller a imaxe >>> dun teclado QWERTY.es e poñerlle os nomes ás teclas, tras discutilos, >>> para logo cargalo en trasno.net. O gráfico creo que o poderemos obter >>> dalgunha versión antiga do Wormux, e co inkscape editalo engadindo os >>> nomes en galego de cada tecla. >>> >>> Dicídeme que vos parece. Mentres tanto vou buscar o svg que había no >>> Wormux... >> >> Non che me parece nada mal. Ademais algún día imos ter que coller e >> pasar esas listaxes a TBX. > > En canto rematedes o aplicativo ti e Chaves creo que nos imos ter que poñer > todos a traducir listaxes e mailo glosario a TBX :) > > O gráfico do Wormux é un PNG e non parece que o SVG que o orixinou (se é que o > houbo algunha vez) exista aínda. Na commons hai QWERTY completo[1], aínda > que non con localización «es», e QWERTY con localización «es»[2] pero > incompleto. > > De todos xeitos, posto que as teclas de letras son doadas de nomear (Ñ chámase > Ñ, K chámase K, W chámase W...), poderiamos coller o QWERTY anglosaxón e > simplemente traducir as teclas que si que teñen nome: > > Esc: Esc...
Escape > Tab: Tabulador, tabulación... > Caps lock: Bloq Máius... > Shift: Máius (coido que esta xa acordaramos deixala así) Sí. > Ctrl: Ctrl, Control... > Meta/Super/Win/System Key: Meta, Súper, SO, GNU ;)... > Alt: Alt, Alternativa... > Alt Gr: Alt Gr, Alternativa Grande XD... > Enter: Intro, introducir, devolver... Retorno, aínda que só sexa para desaconsellala ou prohibila. > Backspace: Borrar, Retroceso, Retroceder... > Insert: Inserir... > Delete: Suprimir... > Home: Inicio, Índice... > End: Fin... > Page Up: Re Páx, Ant. Páx... > Page Dow: Av Páx, Seg. Páx... > Print Screen | SysRq: Capturar Pantalla, Cap. Pant... > Scroll Lock: Bloq [scroll]... > Pause: Pausa... > Num Lock: BLoq Num... > Space: Barra espaciadora, espacio/espazo (non recordo cal era, xuraría que > z)... > [Tecla entre Meta dereita e Ctrl dereito]/Application Key: Tecla rara, > aplicativo, aplicación, programa... > [Direction] Arrow: Frecha [cara sentido], Frecha [situación], Frecha > [sentido]... // cara arriba/superior/arriba Non hai que considerar só os nomes, senón tamén as abreviaturas: "Supr"... > Poderiamos engadir máis alternativas que se vos ocorran para nomear as > diferentes teclas e logo decidir por cal optamos en cada caso. Tamén faltan > enominacións en inglés para algunhas ads teclas, e estaría ben ter todas as > posibles. > > [1] http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Qwerty.svg > [2] http://commons.wikimedia.org/wiki/File:KB_Spanish.svg Se mal non lembro xa se intentara discutir o nome de certos símbolos: arroba, #, &... o que estaría relacionado con todo isto. Ata logo, Leandro Regueiro

