-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Leandro Regueiro escribiu:
>>>>>> Supoño que acontecerá o mesmo que con implementar, pero, outra
>>>>>> alternativa?
>>>> Para isto consultar o glosario que fixeron Fran Diéguez e Keko (non me
>>>> lembro do seu nome de real).
>>> Vale: reestruturar logo
>> Refactor non é reestruturar. É unha parte pero non o todo. Refactorizar
>> e reescribir unha entidade dentro da programación para axeitalo a unhas
>> propiedades que queremos mellorar ou adaptar.
>>
>> http://en.wikipedia.org/wiki/Code_refactoring
>>
>> Pode ser a reestruturación ou mesmo tamén a elmininación do mesmo ente
>> (clase, función, procedimento, etc.).
> 
> Refactorizar é, dito rápido e mal, arranxar a desfeita que programou
> algún grupo de inútiles que non teñen nin idea do que facían e que
> simplemente fixeron algo que funcionara medianamente ben para cobrar.
> Isto implica refacer o deseño para adaptarse aos requirimentos reais,
> se é que eses inútiles o fixeron medianamente ben, e adaptar o código
> en consecuencia.
> 
> 
Non concordo contigo de que sempre sexa un arranxo. A refactorización
empregase moito en metodoloxías áxiles cando aplicas desenvolvemento
dirixido por probas, onde inicialmente fas mocks de funcións que simulan
pasar as probas e logo refactorizas para axeitalas ao proxecto.

Por outra banda tamén se pode facer refactorización para incrementar o
rendemento, diminuír acoplado ou mesmo aumentar a cohesión do código.

En fin que a refactorización, en si, non ten porque significar algo
malo. Senón todo o contrario.

Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrc27IACgkQmLtmJqKk+bignACfX82gYmzEnzwMexupMUdG5h1y
p7kAnjQQnQQ4fv8Y9JYxO7+9vmP7Fv2y
=vhtU
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a