-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Leandro Regueiro escribiu: >>>> Refactor non é reestruturar. É unha parte pero non o todo. Refactorizar >>>> e reescribir unha entidade dentro da programación para axeitalo a unhas >>>> propiedades que queremos mellorar ou adaptar. >>>> >>>> http://en.wikipedia.org/wiki/Code_refactoring >>>> >>>> Pode ser a reestruturación ou mesmo tamén a elmininación do mesmo ente >>>> (clase, función, procedimento, etc.). >>> Refactorizar é, dito rápido e mal, arranxar a desfeita que programou >>> algún grupo de inútiles que non teñen nin idea do que facían e que >>> simplemente fixeron algo que funcionara medianamente ben para cobrar. >>> Isto implica refacer o deseño para adaptarse aos requirimentos reais, >>> se é que eses inútiles o fixeron medianamente ben, e adaptar o código >>> en consecuencia. >> Non concordo contigo de que sempre sexa un arranxo. A refactorización >> empregase moito en metodoloxías áxiles cando aplicas desenvolvemento >> dirixido por probas, onde inicialmente fas mocks de funcións que simulan >> pasar as probas e logo refactorizas para axeitalas ao proxecto. >> >> Por outra banda tamén se pode facer refactorización para incrementar o >> rendemento, diminuír acoplado ou mesmo aumentar a cohesión do código. >> >> En fin que a refactorización, en si, non ten porque significar algo >> malo. Senón todo o contrario. > > Nin eu dixen que fora malo. Simplemente é mellorar un código que > evidentemente non cumpre a súa función. Bueno por rematar a discusión, porque básicamente sabemos os dous o que é... O código pode estar cumprindo a súa función pero ao mellor se quere mellorar por calquera outro motivo (incluso porque é unha trapallada)
- -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrc3KAACgkQmLtmJqKk+bjnngCfUHKS2osE2b/vO4PhfVDp/52/ Jd4An3VnU/laenRc+jAynZXnTtyIStzn =icQn -----END PGP SIGNATURE-----

