>>> Refactor non é reestruturar. É unha parte pero non o todo. Refactorizar >>> e reescribir unha entidade dentro da programación para axeitalo a unhas >>> propiedades que queremos mellorar ou adaptar. >>> >>> http://en.wikipedia.org/wiki/Code_refactoring >>> >>> Pode ser a reestruturación ou mesmo tamén a elmininación do mesmo ente >>> (clase, función, procedimento, etc.). >> >> Refactorizar é, dito rápido e mal, arranxar a desfeita que programou >> algún grupo de inútiles que non teñen nin idea do que facían e que >> simplemente fixeron algo que funcionara medianamente ben para cobrar. >> Isto implica refacer o deseño para adaptarse aos requirimentos reais, >> se é que eses inútiles o fixeron medianamente ben, e adaptar o código >> en consecuencia. > > Non concordo contigo de que sempre sexa un arranxo. A refactorización > empregase moito en metodoloxías áxiles cando aplicas desenvolvemento > dirixido por probas, onde inicialmente fas mocks de funcións que simulan > pasar as probas e logo refactorizas para axeitalas ao proxecto. > > Por outra banda tamén se pode facer refactorización para incrementar o > rendemento, diminuír acoplado ou mesmo aumentar a cohesión do código. > > En fin que a refactorización, en si, non ten porque significar algo > malo. Senón todo o contrario.
Nin eu dixen que fora malo. Simplemente é mellorar un código que evidentemente non cumpre a súa función.

