>>>> Iso pode levar moito tempo se é que nolo conceden. Sempre queda a
>>>> posibilidade do servidor virtual, ou como se chame. O importante agora
>>>> é: de onde sacamos as máquinas?
>>>
>>> Hai máquinas en Vigo
>>
>> A miña opinión ao respecto é que trasno teño o seu própio servidor físico
>> e se non pode optaría por integar os servizos cos de outro colectivo (estou
>> pensando nos glug que, se non me erro xa están a facer algo similar,
>> unificar servizos) Aimda que esta segunda opción non me atrae tanto.
>
> Xa comentei na xuntanza que eu teño máquinas ao dispor da comunidade, de tal
> xeito que se poden artellar dúas máquinas (espelladas) en dúas ubicación,
> por exemplo unha en Vigo e outra en A Coruña ou en Santiago. Máquinas
> "adicadas" a P.Trasno.
>
> A opción de compartir é algo que está en estudo. Neste momento o GLUG está a
> empregar as máquinas de GALPon para algúns servizos.
>
> O que se está a estudar é a posibilidade de que a "federación", chegado o
> momento (que no ha acontecer antes de 6-8 meses) poida dispor de
> recursos/máquinas con 500, 600, os que sexa GB e que as asocs. e grupos
> federados poidan utilizar esas máquinas/recursos, o que suporá un mellor
> servizo e moito máis económico que a contratación dun servizo por cada ente
> federado.
>
> Xa que as cousas hai que ilas facendo con tino, a federación ainda é un
> proxecto, Trasno non ten cuartos, etc... A única solución viable e tratar de
> aproveitar as máquinas que hai e conectalas onde temos (ou nos poidan
> deixar) unha IP pública con boas condicións de velocidade (caso das
> universidades).

Vale. Hai máquina en Vigo. Sería factible traer algunha á Coruña cando
confirmemos que temos onde poñela?

Responderlle a