@Marce: Existía unha lista de quen traduce que de KDE?
NOTA: é moi probable que a suposta lista sexa froito da miña imaxinación. @[o tradutor do KOrganizer] Utilizando o aplicativo atopeime coa cadea: «Alternar as tarefas completadas» O contexto é o seguinte: Ao premer co botón dereito do rato sobre unha tarefa, e a continuación no texto da cadea, o que fai o programa é marcar dita tarefa coma «Completada» se estaba sen completar, e coma «sen completar» se estaba xa completa. A tradución actual paréceme algo confusa. Ocórrenseme alternativas do tipo: «Completa/incompleta» «Marcar coma (in)completa» «Marcar coma completa/incompleta» «Alternar completa/incompleta» Pouco máis se me ocorre sen coñecer a cadea orixinal, pero vamos, que por aí van os tiros. Un saúdo!

