>>> Vedes diferenza entre estas dúas palabras ou en realidade son o mesmo
>>> termo?
>>>
>>> Creo que non se discutiu nunca. Pode ser que o vexades clarísimo. Eu non
>>> vexo a diferenza:
>>>
>>> Release, release set, version...
>>>
>>> Eu estaba traducindo release > lanzamento e versión > versión pero
>>> realmente creo que non se necesita xa que
>>> segundo os casos enténdese o valor de versión (publicación, edición,
>>> variante, tradución). No fondo release non deixa de ser tamén a típica
>>> metáfora de argot.
>>
>> Por norma xeral son equivalentes, pero unha versión dun aplicativo pode
>> ou non ser unha release. Release sempre é cando é unha versión que se
>> publica.
>
> Un caso de uso:
> Menú de Qt3 Linguist > entrada "File > Release"
> Esta entrada publica o binario, e dicir, xera o .qm

Para min que xa se discutiu algunha vez. Así de primeiras non o atopo.
Teño visto release=lanzamento. E creo que algunha vez non eran o
mesmo, pero vai na idea de que non tódalas versións son release.

Responderlle a