Boas, Veño de meterme no Galicia Team de Ubuntu, e interésame sobre todo traducir Kubuntu. Dado que está é unha distribución baseada en KDE, tamén me gustaría colaborar coa tradución de KDE, máis que nada para non solapar o traballo de ninguén. Botándolle un ollo ao KDE atopeime algúns erros, ou traducións non estándares (aceitar, escreber, conexón, criar ...) Marce, xa que es o coordinador que che parece que revisemos isto? Eu preséntome voluntario para isto.
Un saúdo

