2009/11/20 Indalecio Freiría Santos <[email protected]>: > Botándolle un ollo ao KDE atopeime algúns erros, ou traducións non > estándares (aceitar, escreber, conexón, criar ...) > Marce, xa que es o coordinador que che parece que revisemos isto? > Eu preséntome voluntario para isto.
Pois a iso andamos. Se queres colaborar con KDE o único que tes que facer é escoller a parte que prefiras e irlle dando; o único requisito previo é anuncialo en público para evitar ter a dúas persoas a traballar no mesmo á vez. A situación actual é: Xosé: kdepim, kdepimlibs e kdeedu, entre outras (kdenetwork, eg-graphics, eg-network). Agora anda polo kdeedu. Adrián: kdegames Miguel: stand-by Síntoo, non recordo o teu nome: eg-multimedia, penso que anda por amarok. (pero é a primeira vez, así que a ver). Eu: kdeqt, kdelibs, kdebase, ....., e agora estou a revisar o kdewebdev. Están revisados: kdeaccesibility, kdeadmin, kdeartword, kdebase kdelibs, kdepimlibs (+/-), kdesdk, kdetoys, kdeutils, kdevelop, kdevplatform. Hai tamén dous extragears revisador, pero non recordo cais (non estou diante do meu ordenador). O demáis está por pasarlle o corrector ortográfico «retocado», e digo retocado e digo ben: para cachar estes erros sen facer unha proof-reading hai que tocar o ficheiro de dicionario do hunspell, suprimindo certas entradas: -o verbo escrebar, -o substantivo aceite -o verbo aceitar -o substantivo cría -o verbo criar, entre outras (como comando e comandar; pero esta xá é discutíbel) Ti dirás!

