2009/11/27 Leandro Regueiro <[email protected]> > >> Pois iso: que facemos coa palabra "upstream"? > >> > >> Literalmente, e analizando a palabriña, viría a ser "arriba nun > >> fluxo". Podémonos referir a un río (un fluxo de auga), pero no noso > >> ámbito, o normal é que nos refiramos ao software > >> > >> Lendo a "guía de referencia de novos mantedores de paquetes de > >> Debian", explícasenos que hai que diferenciar claramente o que é un > >> "mantedor dun paquete .deb" do que é un "mantedor upstream". O > >> mantedor "upstream" é o que se encarga de "facer o software", e un > >> mantedor dun paquete é "o que fai o paquete" con ese software. Isto > >> lévanos a unha posible tradución de upstream: orixe. Tanto nun río > >> como cando te remontas na "historia" dun software, ir cara "upstream" > >> é ir cara a orixe. O nacemento do río, ou a "creación" do software. > >> > >> "Upstream" pode aparecer como adxectivo ou como substantivo (supoño > >> que podería aparecer como adverbio tamén, estes angloparlantes > >> sónchevos así). Supoño que, como adxectivo, "orixinal" podería acaer > >> ben na maioría dos casos. Mantedor orixinal, programador orixinal, > >> etc. Como substantivo, non o teño eu tan claro. "Manda tal parche a > >> <upstream>", por exemplo. "You could make these changes upstream", > >> ""this bug is originated upstream", eu que sei... Nestes casos, e > >> salvo que a alguén se lle ocorra algún palabro ou frase que recolla o > >> significado, penso que "orixe", sen máis, non ía quedar nada claro. > >> > >> Algunhas outras palabras que me pasan pola cabeza ao ler "upstream" > >> serían: antecesor, fonte, predecesor, provedor, creador, > >> "programador"(no caso do software, claro), "remontar", ... > >> > >> Supoño que tamén se podería deixar "upstream", claro. > > > > Pouco tempo teño pra respostar... máis eu diría "versión de > desenvolvemento" > > Eu por "upstream" entendo algo así como "fluxo principal" ou referente > a un equivalente acuático "curso principal", "corrente principal". > Centrándonos na vertente do software diría "sitio orixinal", > "desenvolvedor(es) orixinal/is", "sitio principal", "proxecto > orixe"... > > Pois eu entendino parecido a como o explicou Jose Manuel. Entendo que pretenden xogar co termo para indicar direccionalidade.
Enviar algo "upstream" ou "corrente arriba" entendoo como que a direccionalidade do fluxo concreto de ese envío é totalmente oposta a como está estipulada no contexto xeral [se é un río, enviar algo corrente arriba significa ter que remontar o río para chegar a un punto máis próximo ao nacemento do caudal, no caso dunha distribución de software (que sae do desenvolvedor e chega ao usuario) sería, creo, que o usuario cree algo para que o desenvolvedor o incorpore á aplicación]. Baixo o meu punto de vista este termo debría traducirse en función de cada contexto particular. A miña aportación ás candidatas: No contexto de enviar unha modificación de un arquivo que non vai a ser actualizado ata a seguinte "*release*" do paquete: "to send sthg upstream" = "enviar algo á fonte" [ou orixe]. De todas formas non sei se acabei de entender moi ben o contexto exposto. > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

