>> Pois iso: que facemos coa palabra "upstream"? >> >> Literalmente, e analizando a palabriña, viría a ser "arriba nun >> fluxo". Podémonos referir a un río (un fluxo de auga), pero no noso >> ámbito, o normal é que nos refiramos ao software >> >> Lendo a "guía de referencia de novos mantedores de paquetes de >> Debian", explícasenos que hai que diferenciar claramente o que é un >> "mantedor dun paquete .deb" do que é un "mantedor upstream". O >> mantedor "upstream" é o que se encarga de "facer o software", e un >> mantedor dun paquete é "o que fai o paquete" con ese software. Isto >> lévanos a unha posible tradución de upstream: orixe. Tanto nun río >> como cando te remontas na "historia" dun software, ir cara "upstream" >> é ir cara a orixe. O nacemento do río, ou a "creación" do software. >> >> "Upstream" pode aparecer como adxectivo ou como substantivo (supoño >> que podería aparecer como adverbio tamén, estes angloparlantes >> sónchevos así). Supoño que, como adxectivo, "orixinal" podería acaer >> ben na maioría dos casos. Mantedor orixinal, programador orixinal, >> etc. Como substantivo, non o teño eu tan claro. "Manda tal parche a >> <upstream>", por exemplo. "You could make these changes upstream", >> ""this bug is originated upstream", eu que sei... Nestes casos, e >> salvo que a alguén se lle ocorra algún palabro ou frase que recolla o >> significado, penso que "orixe", sen máis, non ía quedar nada claro. >> >> Algunhas outras palabras que me pasan pola cabeza ao ler "upstream" >> serían: antecesor, fonte, predecesor, provedor, creador, >> "programador"(no caso do software, claro), "remontar", ... >> >> Supoño que tamén se podería deixar "upstream", claro. > > Pouco tempo teño pra respostar... máis eu diría "versión de desenvolvemento"
Eu por "upstream" entendo algo así como "fluxo principal" ou referente a un equivalente acuático "curso principal", "corrente principal". Centrándonos na vertente do software diría "sitio orixinal", "desenvolvedor(es) orixinal/is", "sitio principal", "proxecto orixe"...

