-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Pouco tempo teño pra respostar... máis eu diría "versión de desenvolvemento"

José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> Pois iso: que facemos coa palabra "upstream"?
> 
> Literalmente, e analizando a palabriña, viría a ser "arriba nun
> fluxo". Podémonos referir a un río (un fluxo de auga), pero no noso
> ámbito, o normal é que nos refiramos ao software
> 
> Lendo a "guía de referencia de novos mantedores de paquetes de
> Debian", explícasenos que hai que diferenciar claramente o que é un
> "mantedor dun paquete .deb" do que é un "mantedor upstream". O
> mantedor "upstream" é o que se encarga de "facer o software", e un
> mantedor dun paquete é "o que fai o paquete" con ese software. Isto
> lévanos a unha posible tradución de upstream: orixe. Tanto nun río
> como cando te remontas na "historia" dun software, ir cara "upstream"
> é ir cara a orixe. O nacemento do río, ou a "creación" do software.
> 
> "Upstream" pode aparecer como adxectivo ou como substantivo (supoño
> que podería aparecer como adverbio tamén, estes angloparlantes
> sónchevos así). Supoño que, como adxectivo, "orixinal" podería acaer
> ben na maioría dos casos. Mantedor orixinal, programador orixinal,
> etc. Como substantivo, non o teño eu tan claro. "Manda tal parche a
> <upstream>", por exemplo. "You could make these changes upstream",
> ""this bug is originated upstream", eu que sei... Nestes casos, e
> salvo que a alguén se lle ocorra algún palabro ou frase que recolla o
> significado, penso que "orixe", sen máis, non ía quedar nada claro.
> 
> Algunhas outras palabras que me pasan pola cabeza ao ler "upstream"
> serían: antecesor, fonte, predecesor, provedor, creador,
> "programador"(no caso do software, claro), "remontar", ...
> 
> Supoño que tamén se podería deixar "upstream", claro.
> 
> Opinións?
> 


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksPA2UACgkQmLtmJqKk+bgFAwCePw2lG/0TAJwQbMwM5KzFJCSX
B7EAnj1GM6G4d9Gelk+h5HxhWIye1qVu
=tQdY
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a